Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiro día sen trens na Coruña por mor das obras da Intermodal

Primeiro día sen trens na Coruña por mor das obras da Intermodal

G24.gal 10/12/2024 10:40

Vías baleiras de viaxeiros na estación de tren da Coruña. Tan só operarios que traballan arreo para ter lista a terminal provisional en 4 días. Este martes foi a primeira xormada de peche total, con algún despistado.

Ata este venres non circularán os trens con saída ou destino A Coruña por mor das obras de construción da estación intermodal, que comezará a funcionar de forma provisional este sábado.

Durante estes catro días Renfe puxo en marcha un servizo de transporte alternativo para trasladar os pasaxeiros afectados.

En total hai habilitados 500 autobuses e un cento de taxis que realizarán os percorridos respectando o mesmo horario dos trens. Unha opción que para moitos viaxeiros non é efectiva. Moitos tiveron que modificar os seus horarios e outros mesmo se viron obrigados a alongar a estancia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade