Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegou o Nadal a Codeseda, en Lalín

Chegou o Nadal a Codeseda, en Lalín

A aldea engalánase para celebrar as festas con eventos todas as fins de semana

Os beléns artesanais e as luces do nadal atraen visitantes durante todo o mes

 

G24.gal 08/12/2024 23:03

E en Codeseda, en Lalín, celebraron tamén a entrada deste Nadal co acendido do alumamento e un percorrido polas exposicións de beléns que ocupan distintos espazos da aldea. Recordan que no rural tamén se seguen celebrando as festas, e alí onde queda pouca xente, a colaboración da veciñanza é fundamental para manter as tradicións.

Comeza a escurecer en Codeseda, e a conta atrás para o acendido das luces de Nadal. Percorrer esta aldea desde esta fin de semana ata o día de Reis é ir descubrindo recunchos nos que se agocha o Apalpador ou atopar ducias de beléns feitos á man nos que os veciños levan semanas traballando.

"Levamos mes e pico dedicados a isto nas horas libres a base de moito esforzo e moito traballo", relata Lola Varela, da Casa do Patrón e organizadora do evento

En Codeseda sempre hai algo novidoso. O belén de palla e o de figuras de porquiños, en homenaxe ao cocido de Lalín, son os que máis sorprenden.

Moitos dos visitantes repiten cada Nadal, é o caso da Asociación de Veciños de Castrelos, que este domingo participou dos actos organizados. O ano pasado celebraron un matrimonio na aldea por estas datas. Hoxe trouxeron o descendente daquela unión para bautizalo no mesmo lugar e converteron o evento nunha mostra de convivencia entre vigueses e lalinenses. Non importa a cantidade de luces que teñan uns ou outros nos seus lugares, senón os espazos compartidos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade