A escaseza de vieira causada pola toxina ameaza a campaña de Nadal
A escaseza de vieira causada pola toxina ameaza a campaña de Nadal
O sector primario e os distribuidores falan dunha das peores campañas históricas deste marisco
Un dos símbolos gastronómicos do Nadal está a vivir unha das peores campañas que se lembran nos últimos anos, xa que a toxina está detrás da escaseza deste prezado produto das nosas rías, en especial das de Arousa e Ferrol.
Artesa, unha empresa comercializadora que conta cunha das tres plantas evisceradoras de vieira en Galicia, sofre as consecuencias desta escaseza de produto. Deberían estar a pleno rendemento, pero nada máis lonxe da realidade, tiveron que mandar para a súa casa aos 16 traballadores que contrataron como o ano pasado por estas datas. No 2023 tamén se mudaron a unhas novas instalacións e viviron unha campaña de Nadal fantástica, pero o noso mar e así de impredicible.
Por sorte, poden substituír as perdas con outras especies como a zamburiña, o polbo, o ourizo ou coa pouca cantidade que teñen de vieira conxelada, malia que, o problema é sobre todo para o sector primario e para os que queren desfrutar da vieira galega fresca nas súas mesas durante as festas de Nadal.