Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve ao mercado a vieira de Ferrol tras máis dun ano de espera

Volve ao mercado a vieira de Ferrol tras máis dun ano de espera

As restricións impostas pola presenza da toxina fixeron que non se puidera vender desde o 2023

Dende a confraría esperan superar os máis de 27.000 quilos que se venderon na última campaña

Vieira de Ferrol
G24.gal 04/02/2025 15:54 Última actualización 04/02/2025 20:38

Comezou a comercializarse este martes a vieira que se extrae na ría de Ferrol. A primeira que sae ao mercado dende o 2023, debido ás restricións impostas pola presenza da toxina. Dende a confraría esperan superar os máis de 27.000 quilos que se venderon na última campaña.

"Un ano agardando pola presenza da toxina. A ría de Ferrol dá unha vieira con moita potencia de sabor e unha carne moi preta..., fantástico", di Miguel Ángel Campos, xefe de cociña na Gabeira.

Ademais destas características, o tamaño é outro dos seus sinais de identidade. Por este motivo, na confraría de mariscadores e pescadores de Ferrol xa teñen encargas de distribuidoras nacionais e tamén internacionais.

"Noutras confrarías empezan en 10 centímetros e achéganse aos 13. Aquí ao partir dos 12, é un tamaño mediado. E de 13 para riba xa é un tamaño extra..., que non hai noutras partes de Galicia", indica Gustavo Chacartegui, patrón maior da confraría.

"O ano pasado estabamos en 1.500 quilos diarios, agora en 1.700... o que á semana supón 1.000 quilos máis. Para o sector é un balón de osíxeno", conta o patrón.

Agora, agardan que a toxina non volva truncar, porque este Nadal foron moitos os que quedaron coas ganas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar