Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basilio Otero: "Mentres haxa mar vai haber pescadores; pedimos que nos deixen traballar"

Basilio Otero: "Mentres haxa mar vai haber pescadores; pedimos que nos deixen traballar"

O burelense afronta o seu terceiro mandato á fronte da Federación Nacional de Confrarías cun reto por diante: a remuda xeracional. "Hai que  falar ben da pesca e non estar sempre chorando porque se non non vai vir remuda xeracional"

Otero pon o acento na modernización da frota: "Precisamos barcos do século vinte e un para mariñeiros do século vinte e un"

O burelense Basilio Otero estivo este luns no 'Bos días' tras ser reelixido presidente da Federación Nacional de Confrarías Españolas
G24.gal 14/04/2025 10:50

O burelense Basilio Otero afronta o seu terceiro mandato como presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores con dous retos por diante: a modernización do sector da pesca e a remuda xeracional.

Na primeira entrevista que concedeu á TVG tras a súa reelección, Otero recoñeceu a súa preocupación pola caída do consumo de peixe e incidiu na necesidade de que o Goberno rebaixe o IVE aos produtos do mar.

"En Portugal e Francia esa rebaixa do IVE fixo subir o consumo de peixe. Non entendemos por que en España non se fai. Seguiremos insistindo", afirma.

Otero, sobre o novo comisario: "Ten un talante diferente. Polo menos é unha persoa que te mira aos ollos"

Basilio Otero insiste en que hai futuro no sector da pesca. Do contrario, afirma, "non me presentaría á reelección". "Mentres haxa mar vai haber pescadores. O que pedimos á Unión Europea é que nos deixen traballar".

O presidente da Federación Nacional de Confrarías recoñecer ter "moitas esperanzas no novo comisario de pesca".

"Ten un talante diferente. Polo menos é unha persoa que te mira aos ollos. Dixo que quería cambiar o rumbo pero pediunos paciencia porque os rumbos na Unión Europea van lentos".

Basilio Otero afirma que un dos problemas do sector é a remuda xeracional. Propón copiar o modelo doutras autonomías, como a cántabra ou a vasca, e cambiar tamén a actitude do sector. 

"Hai que falar ben da pesca e non estar sempre chorando porque se non non vai vir remuda xeracional"

"Aquí en Burela hai xa barcos de altura parados. Precisamos ter remuda xeracional e falar ben da pesca e non estar sempre chorando porque, se non, non vai vir remuda xeracional".

O outro gran desafío, afirma, é a modernización da frota. "Temos que ter mais habitabilidade" nas embarcacións. "Precisamos barcos do século vinte e un para mariñeiros do século vinte e un". 

Otero saúda a entrada na directiva de dúas mulleres: a galega María Amalia González 'Lita', patroa maior de Camariñas; e Mari Carmen Argudo, da de Gandía.

"Temos moitas esperanzas postas nela (en Lita). É unha muller moi guerreira, moi da terra", asegurou. Destacou ademais que represente na federación as mariscadoras, "unha arte que non estaba moi presente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade