Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reino Unido prohibe levar carnes ou lácteos na maleta

O Reino Unido prohibe levar carnes ou lácteos na maleta

Esta medida tómase como prevención para que a febre aftosa non chegue ao país

G24.gal 15/04/2025 15:07

O Reino Unido prohibe que os viaxeiros procedentes de Europa leven lácteos ou carnes e derivados -como os embutidos- na súa equipaxe.

Esta medida tómase como prevención para que a febre aftosa non chegue ao país. Por isto, as autoridades británicas advirten de que nas "importacións persoais" non se poden levar nin xamón nin queixo.

Ningún viaxeiro procedente da Unión Europea poderá levar na equipaxe queixos nin derivados do leite. Tampouco carnes de porco, vacún ou cordeiro, aínda que todo estea envasado. Nin sequera deixarán pasar a fronteira con estes produtos aínda que estean dentro dun bocadillo ou fosen mercados na tenda do aeroporto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade