O actor Henry Cavill, Supermán no cinema: "A carne galega, a mellor do mundo"
O actor británico aclara que a carne de vacún galego estivo madurando 35 días
Supermán tamén explica a súa receita: estiveron "en salmoira seca durante a noite e deixáronse a temperatura ambiente" para cociñalos despois na grella a lume vivo

O actor británico Henry Cavill, protagonista de películas como "Supermán" ou "O home de aceiro" (Man of Steel), publicou na súas redes sociais que "a carne galega é a mellor do mundo".
As fotos da carne que acompañan estas palabras na publicación en Instagram son dúas pezas de lombo alto; aclara o actor británico que foron madurados 35 días.
"A carne galega é, na miña opinión, a mellor do mundo! Ten un sabor incriblemente intenso", sinalou Cavill.
O actor explicou que as costeletas estiveron "en salmoira seca durante a noite e deixáronse a temperatura ambiente" para cociñalas despois na grella a lume vivo.
A súa publicación tivo a resposta do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se mostrou agradecido ao actor por describir "a carne galega como a mellor do mundo".
"Non fai falta ter visión láser para darse conta... aínda que axuda ter o padal de Superman #GaliciaCalidade", chanceou o dirixente autonómico.
.png)
A publicación está sendo un éxito en Instagram. Na tarde deste domingo xa levaba máis de 2,7 millóns de likes, 25.900 respostas e xa foi compartida más de 5.300 veces.
O mes pasado, Cavill estivo en Lugo para comprar vacas de raza loura galega nunha gandería do Corgo e aproveitou para comer carne no restaurante Campos, un dos locais máis antigos e máis coñecidos.
