Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas patacas e uns ovos de calidade son clave para facer unha boa tortilla

Unhas patacas e uns ovos de calidade son clave para facer unha boa tortilla

A tan discutida cebola pode usarse ou non porque é cuestión de gustos, o mesmo que outros ingredientes como pemento ou chourizo

G24.gal 06/04/2025 15:09 Última actualización 06/04/2025 16:57

Uns ovos e unhas patacas de boa calidade son imprescindibles para facer unha boa tortilla. É o que manifesta o cociñeiro Víctor Valenzuela, que desde hai dous anos ten un negocio dedicado a elas en Viveiro. 

Fala con coñecemento porque ten experiencia. Esta mesma mañá xa fixo 150 tortillas para conmemorar o día que os organizadores das festas de Viveiro dedican a este prato.

No seu negocio, indica o hostaleiro viveirense, ten catorce variedades, pero as máis demandadas son "con cebola, sen cebola e con chourizo".

Indagamos sobre os gustos dalgúns comensais. Hai quen a prefire con cebola e que non. Apareceu a cebola. Forma parte da tortilla idónea? Segundo Valenzuela, "nunca deixa de estar de moda".

Depende dos gustos, pero dálle prestancia e algo máis. Explica o cociñeiro de Viveiro que ese algo máis é "sabor e cremosidade", cuestión de gustos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade