Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Hostal dos Reis Católicos investirá 36 millóns de euros con vistas ao Xacobeo de 2027

O Hostal dos Reis Católicos investirá 36 millóns de euros con vistas ao Xacobeo de 2027

Xa están en marcha as obras en fachadas e patios con cargo a 19 millóns dos fondos Next Generation

Paradores investirá logo outros 17 millóns para melloras de equipamento e eficiencia enerxética

G24.gal 08/04/2025 15:13

A presidenta da Paradores, Raquel Sánchez, estivo este martes en Santiago para renovar o convenio da cadea pública coas cidades Patrimonio da Humanidade. Ademais visitou as obras que se están levando a cabo no Hostal dos Reis Católicos.

O que se está facendo xa nas fachadas, nos patios e na Capela Real é con cargo aos 19 millóns recibidos por Turespaña dos fondos Next Generation. A intervención inclúe a eliminación de humidades e o cambio da iluminación do edificio. A iso sumarase o investimento directo de 17 millóns de fará Paradores para mellorar o equipamento, a eficiencia enerxética e o confort hostaleiro. Segundo avanzou a presidenta de Paradores durante a súa visita, as obras estarán rematadas en xuño do ano que ven.

O Hostal dos Reis Católicos tivo unha ocupación media do 82 % en 2024. Isto supuxo uns ingresos de 12,8 millóns de euros o que o consolida como o Parador que máis factura en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade