As app para consultar a radiación ultravioleta están de moda, sobre todo entre a mocidade
SunSmart Gloval UV, UVLens, UVIMate e UV-INDEKS son algunhas das máis consultadas, ademais das webs de meteoroloxía
Consultar o índice de radiación ultravioleta a través de aplicacións móbiles está de moda, sobre todo entre os máis novos.
"No verán é cando máis a consulto, agora non tanto. Sobre todo cando hai días de sol".
"Só cando vou á praia ou se que estou moito tempo na rúa pois fago máis uso desa aplicación".
"Para ver se teño que botar máis crema, para non queimarme", comentan varios universitarios.
Toda esta información está dispoñible en aplicacións específicas, mesmo algunha da OMS, pero tamén nas propias webs de predición meteorolóxica.
"Esta información MeteoGalicia lévaa dando dende os inicios de MeteoGalicia, pero digamos que hoxe en día está máis accesible nas aplicacións do móbil e en Internet", explica Santiago Salsón, coordinador da Área de Observación e Climatoloxía de MeteoGalicia.
O sol é fonte de vida, pero tamén provoca graves consecuencias para a saúde se non sabemos como interactuar con el.
"O sol avellenta a pel, o sol produce cancro de pel, manchas etc...", apunta o dermatólogo Emilio del Río.
Por iso estas ferramentas son tan útiles. Utilizan unha escala numérica de 0 a 12 e outra cromática para advertir dos riscos dos raios ultravioletas.
"Fíome dos números e das cores e miro todo en xeral e depende diso pois boto máis crema ou protéxome tamén máis", conta unha rapaza.
Esa é unha boa utilización da información, pero esta ferramenta é de dobre fío
"Eu creo que máis que para protexerse do sol, que é moi importante, tamén para poñerse máis morena, eu creo que o fai máis a xente".
"Entro na aplicación e miro a ver canto está o sol para saber canto morena me vou poder poñer".
"A ferramenta para saber se te podes queimar ou non está, é útil si, pero queres facerlle caso, senón non é útil", conclúen.