Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños do Valadouro recrean a Paixón de Cristo nun viacrucis vivente cheo de realismo e crueza

Os veciños do Valadouro recrean a Paixón de Cristo nun viacrucis vivente cheo de realismo e crueza

É o único que se fai na Mariña e atrae cada vez máis visitantes

O viacrucis promóveo a asociación xuvenil Juventud en Marcha
G24.gal 16/04/2025 20:34 Última actualización 16/04/2025 20:53

Coma cada Mércores Santo desde hai máis de dúas décadas, os veciños do Valadouro recrearon a Paixón de Cristo no tradicional viacrucis vivente que se fai na parroquia de San Tomé de Recaré.

Seguindo as catorce cruces de pedra que hai no camiño que sobe á igrexa, representan, con realismo e crueza, as catorce estacións do viacrucis, desde a sentenza a morte de Cristo ata a sepultura.

O viacrucis promóveo a asociación xuvenil Juventud en MarchaNa representación participan un cento de veciños do Valadouro e tamén de Alfoz, a maioría, mozos e mozas. 

O do Valadouro é o único viacrucis vivente que se fai na Mariña. Con máis de vinte anos de percorrido, atrae cada vez máis visitantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade