Máis de oito horas inviste unha florista de Ferrol en adornar un paso con tres mil rosas
Un trono adoita ir adornado con entre tres mil e cinco mil flores
As flores dos pasos da Confraría de Dolores de Ferrol véndense e doan o recadado a Cáritas
Unha florista tarda unhas oito horas en adornar con tres mil flores un dos pasos de Ferrol
Adornar con flores un trono dos que saen en procesión estes días adoita levar, como mínimo, unhas oito horas. Pero hai moito traballo previo detrás. As e os floristas son unha peza fundamental da Semana Santa, tamén as flores. Un paso pode levar ao redor de cinco mil flores.
En Ferrol, Patricia leva case corenta anos adornando algúns dos pasos da Semana Santa. Xa antes o fixera súa sogra, que mesmo chegou a doar varios traballos florais durante anos.
Pillamos a Patricia facendo un monte de rosas vermellas baixo o Cristo. Leva unhas tres mil flores.
Unhas tres mil, catro mil, flores por paso. Ela soa adorna este ano seis imaxes. Tarda unhas seis horas en adornar un trono. Antes, na preparación e deseño, inviste aproximadamente, un mes.
Oito horas picando flor a flor. Para que se manteñan frescas, as flores van picadas e enganchadas a esponxas molladas.
Quixemos saber que fai a Confraría de Dolores coas máis de vinte mil flores cando rematan as procesións. Desde o ano pasado, venden as flores que saen na Semana Santa. Non todas, algunhas son para os porteadores e porteadoras que levan os pasos.
O ano pasado lograron xuntar, coa venda das flores, uns dous mil cincocentos euros a Cáritas.