Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reivindica no Salón Gourmets de Madrid o "liderado gastronómico" con produtos de excelencia

Rueda reivindica no Salón Gourmets de Madrid o "liderado gastronómico" con produtos de excelencia

Rueda sinalou que a presenza de 'Galicia Calidade' é algo "que se recoñece en moitos sitios" e que non hai que deixar de "promover" no exterior

A presenza galega está formada por 39 expositores da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, zonas de catas de mel e queixos e 37 coexpositores no marco da campaña 'Galicia sabe amar'

G24.gal 08/04/2025 16:46

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reivindicou na 38ª edición do Salón Gourmets, considerado o principal escaparate nacional e europeo da cociña de alta gama, o liderado gastronómico galego grazas aos seus produtos de excelencia e marca propia.

Durante a súa visita, o titular do Executivo galego destacou a importancia do evento para informarse e mostrar de primeira man todo o que "hai que ofrecer" desde Galicia no ámbito da gastronomía.

Neste sentido, Rueda sinalou que a presenza de 'Galicia Calidade' é algo "que se recoñece en moitos sitios" e que non hai que deixar de "promover" no exterior.

Segundo sinalou o presidente, no ámbito da alimentación "o mundo é moi competitivo" e Galicia debe vender todo o que ten que ofrecer desde a súa "posición privilexiada": produtos de "enorme calidade" elaborados por profesionais con experiencia e exitosos.

A comunidade galega conta actualmente con 17 Estrelas Michelin (tres delas con dobre estrela) e 43 Soles Repsol, entre outros recoñecementos, así como cun tecido agroalimentario que suma máis de 30 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

A presenza galega no Salón está formada por 39 expositores propios da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, zonas específicas de catas de mel e queixos e 37 coexpositores no marco da campaña 'Galicia sabe amar'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade