Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaparece unha muller en Vigo que ten unha orde de afastamento imposta á súa exparella

Desaparece unha muller en Vigo que ten unha orde de afastamento imposta á súa exparella

Os seus achegados non saben nada dela desde este domingo

(SOS Desaparecidos) (SOS Desaparecidos)
G24.gal 09/04/2025 09:46 Última actualización 09/04/2025 13:47

A Policía Nacional investiga a desaparición dunha veciña de Vigo, de 41 anos, da que se descoñece o seu paradoiro desde o pasado domingo.

Trátase de Andrea Moreno Portela, cuxa desaparición foi difundida pola asociación SOS Desaparecidos a través das súas redes sociais. Polo momento non hai novidades sobre as pescudas, aínda que fontes xudiciais confirmaron a Europa Press que a muller estaba protexida por unha orde de afastamento imposta á súa exparella, unha orde que foi vulnerada.

Os seus achegados non saben nada dela desde que o domingo enviou unhas mensaxes de WhatsApp.

SOS Desaparecidos facilitou a súa descrición para tratar de localizala ou obter información. Trátase dunha muller que mide 1,67, de complexión normal, pelo louro e ollos azuis. Cando foi vista por última vez vestía pantalón negro, camiseta azul e zapatillas deportivas.

No xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo constan dúas sentenzas con respecto a un home vinculado coa desaparecida. Unha delas é unha condena do pasado mes de xaneiro, á exparella/parella de Andrea, unha resolución que incluía a prohibición de achegarse a ela.

Posteriormente, no mes de marzo, condenouse o mesmo individuo por vulnerar esa medida de afastamento e, nese caso, o xulgado decretou o seu ingreso en prisión, aclarando que non cabía a suspensión. Fontes do TSXG confirmaron que o procesado aínda está en prazo para o ingreso voluntario no cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade