Interceptados en dous bares de Cangas un menor facendo apostos deportivas e outro con estupefacientes
Interceptados en dous bares de Cangas un menor facendo apostos deportivas e outro con estupefacientes
Ambos episodios ocorreron no medio de senllos dispositivos relacionados coa seguridade cidadá e fiscal

A Garda Civil interceptou o pasado venres, día 11 de abril, en dous bares de Cangas un menor facendo apostas deportivas e outro con estupefacientes.
Todo iso ocorreu no medio de senllos dispositivos relacionados coa Seguridade Cidadá e Fiscal. Nun dos establecementos localizouse un menor facendo apostas deportivas na máquina. Por iso, propúxose o local para sanción administrativa da lei reguladora do xogo, así como o menor identificado.
No segundo bar propúxose para sanción cinco persoas, sendo unha delas menor de idade, pola tenza ou consumo de substancias estupefacientes en establecementos públicos. Tamén o titular do local pola tolerancia desta acción dentro.