Aumenta o cambio de uso de baixos comerciais a vivendas en Galicia
Tenente de alcalde de Moaña: "nas últimas xuntas de Goberno leváronse varios cambios de uso"
Os locais deben cumprir as normas de habitabilidade
No centro de Moaña, podemos atopar un antigo local comercial reconvertido agora en tres apartamentos de dous cuartos. José Luis Álvarez Souto, de Promociones Souto y González, explica que "para os locais non hai actividade, hai que cambialo e polo menos darlle uso. De momento fixemos tres e igual facemos outro máis".
A demanda de vivenda fixo que incrementase o cambio de uso de moitos locais nos últimos anos. "Hai moita xente que nos pregunta se hai baixos económicos que se podan reformar en vivenda. Incluso consultan no Concello. Están en auxe", destaca Sandra Boubeta, axente inmobiliaria en Inmonovalia.
Eses locais deben cumprir certos requisitos, como a altura das fiestras. Xosé Daniel, tenente de alcaldesa de Moaña, lembra que "nas últimas xuntas de Goberno leváronse varios cambios de uso. Reunindo as condicións técnicas de habitabilidade todos poderían facelo".
No caso de Moaña, a súa localización e a calidade de vida na vila, é un atractivo tanto para galegos que buscan inmobles para mudarse a residir como para estranxeiros de segunda residencia.