Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta adxudicará dúas novas parcelas para construír 48 vivendas protexidas na Coruña

A Xunta adxudicará dúas novas parcelas para construír 48 vivendas protexidas na Coruña

A Xunta tramita a declaración de zona de mercado tensionado da Coruña

G24.gal 10/04/2025 14:41

A Consellería de Vivenda e Infraestruturas xa tramita a declaración de zona de mercado residencial tensionado da Coruña, e reitera que a aprobará se cumpre cos requisitos normativos.

Para dar resposta a este problema social, o Goberno galego traballa na ampliación do parque de vivendas. Hoxe houbo unha reunión con promotores, construtores e cooperativistas para informalos do concurso para adxudicar dúas novas parcelas nas que se poderán construír un total de 48 novas vivendas protexidas en condicións económicas moi vantaxosas.

"Son prezos case regalados porque o que queremos é incentivar que o sector constrúa vivenda. Demándase vivenda accesible e de calidade non só desde o sector público. Tamén do privado.", explica María Martínez Allegue, Conselleira de Vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade