Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antigas palleiras rehabilitadas para vivendas en alugueiro en Parada de Sil

Antigas palleiras rehabilitadas para vivendas en alugueiro en Parada de Sil

Trátase dunha iniciativa do concello para facer fronte á escasa oferta e conseguir asentar poboación no rural

O traballo de rehabilitación recibiu varios recoñecementos a nivel arquitectónico

G24.gal 13/04/2025 21:11

Antigas construccións, sobre todo palleiras, que estaban case en ruínas na aldea de Fondo de Vila, en Parada de Sil, volven agora ter vida.

O concello decidiu rehabilitar todo este conxunto e transformalo en vivendas en alugueiro a prezos accesibles. Son en total cinco, de un, dous ou tres dormitorios, e xa levan meses ocupadas por outras tantas familias.

Marisa González é a inquilina dunha delas. Orixinaria da zona optou por regresar tras quedar sen traballo durante a pandemia. Agora xa está xubilada. É consciente da dificultade de atopar casa neste concello da Ribeira Sacra debido á escasa oferta de alugueiro e aos elevados prezos. Afirma que cada vez hai máis traballo pero que moita xente decide non vir polos problemas de vivenda.

Facerlle fronte a esta realidade e conseguir que se asente poboación na zona é o obxectivo desta iniciativa do concello de Parada de Sil que traballa xa na rehabilitación doutros dous inmobles tamén para alugueiro preto da capitalidade.

A rehabilitación do conxunto de Fondo de Vila, que conta con varios espazos comúns, recibiu varios premios pola capacidade para reunir tradición e modernidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade