Publicador de contidos

Publicador de contidos

O home que buscan na Coruña tras caer ao mar podería ser un turista alemán

O home que buscan na Coruña tras caer ao mar podería ser un turista alemán

O delegado do Goberno di que a principal hipótese é que se "trataría dun turista estranxeiro" e que a busca continúa, pero non está a ser doada

Dispositivo de busca na contorna da torre de Hércules, na Coruña ( EFE/Cabalar) Dispositivo de busca na contorna da torre de Hércules, na Coruña ( EFE/Cabalar)
G24.gal 26/03/2025 12:10

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou de que, segundo a hipótese da Policía, o home que está desaparecido na Coruña tras ser arrastrado por unha onda "podería ser un turista alemán".

Ao preguntarlle este mércores nun acto na Coruña pola desaparición dun home o pasado domingo na zona da Torre de Hércules, Blanco sinalou que "se confirma que hai unha persoa que caeu" ao mar. "É probable que sexa unha persoa estranxeira. A Policía traballa coa hipótese de que é un turista alemán", informou.

Blanco sinalou que "a procura segue", aínda que "non é sinxela". O martes, indicou, "os mergulladores baixaron á zona sinalada, pero non atoparon nada".

O 112 Galicia recibiu o aviso por este suceso ás 13:10 horas do domingo. O home foi arrastrado por unha onda cando facía unha foto, o que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, considera unha "auténtica temeridade", xa que estaba activada unha alerta por temporal.

Salvamento Marítimo informou de que o dispositivo de procura continúa en colaboración coa Cruz Vermella, a Policía e a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade