Un cabalo perde o xinete, choca contra un coche e causa danos noutros cinco, en Ferrol
O incidente produciuse contra as 21 horas deste venres na rúa Celso Emilio Ferreiro
.png)
Un cabalo causou danos en cinco vehículos este venres na rúa Celso Emilio Ferreiro de Ferrol e chocou contra un deles tras caer o seu xinete.
O incidente produciuse sobre as 21:00 horas, cando o cabalo comezou a galopar desbocado e fixo caer o seu xinete.
A carreira descontrolada comezou na zona da estrada de Catabaois ata que o cabalo entrou pola rúa Celso Emilio Ferreiro, no barrio de Canido, onde danou varios vehículos.
Posteriormente, chocou contra un coche na intersección coa estrada Alta do Porto e alí quedou ferido.
Os axentes da Policía Local de Ferrol xa trataran de parar o animal con anterioridade, pero foi imposible, ata que acabou golpeándose co vehículo, que mesmo sufriu un conato de incendio. Co lume foi preciso que ata o lugar acudiran os bombeiros de Ferrol.