Publicador de contidos

Publicador de contidos

A confraría de Ferrol pretende utilizar as cunhas de vieira trituradas para rexenerar bancos marisqueiros

A confraría de Ferrol pretende utilizar as cunhas de vieira trituradas para rexenerar bancos marisqueiros

Aseguran que a idea ten apoio de estudos técnicos e científicos

G24.gal 11/02/2025 14:30

Reutilizar un residuo que procede do mar e que volve ao mar. Con esta idea traballan os mariscadores de Ferrol perseguindo un claro obxectivo.

"É carbonato cálcico o das cunchas dos moluscos e iso ten parte de CO2. Trátase devolvelo ao mar, triturado, e favorecer a fixación do moluscos bivalvos", explica Félix Cerqueira, o biólogo da confraría de Ferrol.

"Hai estudos que revelan que as cunchas destes moluscos baixan o pH dos lodos", asegura Gustavo Chacartegui, o patrón maior da confraría.

Polo momento teñen amoreadas unhas dez toneladas de cunchas, tanto de berberechos coma de vieiras da campaña do ano anterior, de hai aproximadamente un ano. Así que contan con que ao rematar a deste ano, a finais deste mes de febreiro, e na que xa levan recollidas arredor de 32 toneladas deste bivalvo, a cifra das cunchas que se van triturar para rexenerar algún banco marisqueiro, poida duplicarse chegando ás 20 toneladas.

"Estamos xa barallando cunha empresa de Ferrol a opción de trituralas e, unha vez que saibamos os gastos, comezaremos a planificar máis", engade Gustavo Chacartegui.

Con isto, o que se pretende é que as larvas teñan un soporte onde poidan fixarse porque en zonas con lodo a fixación é menor", di o biólogo da confraría. Deste xeito, din, a campaña da vieira quedaría aproveitada ao cen por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade