Publicador de contidos
Publicador de contidos

A veciñanza fai brillar a pequena aldea de Xinzo en San Amaro

A veciñanza fai brillar a pequena aldea de Xinzo en San Amaro

Hai tres anos que unha ducia de veciñas e veciños desta pequena aldea ourensá comezaron coa iluminación de Nadal

Contan cun nacemento feito con troncos de madeira e tamén elaboraron diferentes decoracións con material de refugallo

Entre todos colocaron unhas 15.000 luces led nas rúas e na oito vivendas habitadas

G24.gal 09/12/2024 21:44 Última actualización 09/12/2024 22:01

É a iluminación da veciñanza da pequena aldea de Xinzo, no concello ourensán de San Amaro. Son oito casas habitadas e unha ducia de veciñas e veciños colaboraron para facer á man as súas decoracións.  

Con troncos de madeira ou botellas de plástico e roupa vella foron facendo xuntos os diferentes bonecos e instalando as luces. Un xeito, din, de dar a coñecer a súa aldea. 

Ademais de recibir a visita dun equipo da TVG tamén os visitou o alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, que os animou a que sigan co seu espírito de Nadal.  E prometen seguir ampliando as súas decoracións con novos detalles e máis luces. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos