Remata o concurso de saltos en Casas Novas, cita da hípica mundial
Remata o concurso de saltos en Casas Novas, cita da hípica mundial
O Gran Premio Longines FEI Copa do Mundo pon fin a tres días de probas
O concurso, na súa edición de inverno, é unha ocasión para os xinetes locais
O centro hípico Casas Novas de Arteixo, propiedade de Amancio Ortega, celebra nesta ponte festiva o Concurso de Saltos Internacional, unha proba enmarcada na Copa do Mundo de salto de obstáculos, que reúne os mellores profesionais do mundo.
É unha das citas máis agardadas do ano para os amantes dos cabalos e tamén para futuros xinetes e amazonas, que en moitas ocasións transcende o deportivo pola presenza de personalidades da crónica social.
Con todo, na mañá deste domingo a maioría de asistentes acudiron movidos pola súa afección á hípica. Algúns non perden ningunha das dúas competicións deste concurso, a do verán e a de inverno. Tamén é especial para os xinetes locais e para os seus familiares.
Durante tres días, neste Concurso de Saltos Internacional da Coruña, celebráronse once probas, delas cinco de máximo nivel, con máis de 722.000 euros en premios.