Semana de Ciberliga para 1.539 escolares de cuarto de ESO en Galicia
Semana de Ciberliga para 1.539 escolares de cuarto de ESO en Galicia
51 centros de Galicia participan nun concurso da Garda Civil para fomentar o uso seguro de Internet
Por vez primeira vez diríxese a escolares dese ano e hai participación galega
A Garda Civil ten en marcha esta semana un concurso para divulgar o uso seguro de Internet e desta volta con novidades. Por vez primeira entran participantes de cuarto da ESO, e de Galicia.
É a fase clasificatoria no instituto público Alfredo Brañas de Carballo. Como esta, outras cincuenta desde o luns noutros tantos institutos.
"Levamos mes e medio facendo formación e acompañamento aos centros que participan na liga e o que pretendemos é darlle forma de concurso á idea de formar os nosos rapaces en seguridade informática. Non en aspectos demasiado complexos, senón no que van empregar no día a día", explica Iván Carril, garda civil formador da Ciberliga.
Enfróntanse a retos para detectar accións de acoso, perfís falsos, información oculta, imaxes manipuladas e outros riscos da comunicación en redes sociais. É unha iniciativa da Garda Civil que implica traballo organizativo dos docentes, como a selección de participantes.
E ao final, preto dunha ducia de equipos, como o de Lucía:
"Ao escoitar a charla e todo empecei a ter máis confianza en apuntarme e coas miñas amigas apuntámonos a este reto e... con todo".
E o de Matías:
"Chamoume a atención o concurso e xuntei os amigos para pasalo ben e se cadra chegar a Madrid".
A fase final será en marzo na cidade de Aranjuez e os tres mellores equipos de Galicia competirán cos clasificados doutras oito comunidades autónomas.