Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gatos tamén necesitan saír pasear

Os gatos tamén necesitan saír pasear

Son intelixentes e curiosos e necesitan estimulación ambiental para mellorar a súa saúde física e emocional

O estrés e o aburrimento poden provocar problemas de conduta
 

Os gatos necesitan socializar e saír pasear
G24.gal 28/11/2024 13:33

 "A min iso paréceme raro, pero eu tiña un veciño hai anos, de onde son eu, que sacaba o gato con correa", conta un rapaz.

Ver un gato paseando pola rúa con arnés e correa non é a imaxe máis habitual.

 "Chamaríame moito a atención".

 "Correa a un gato non me gusta moito".

"Non vexo gatos con correa pola rúa", comentan varias persoas.

Pois iso igual ten que cambiar, porque, segundo algúns veterinarios especialistas en enfermidades do comportamento, os gatos precisan estar en contacto co mundo exterior.

"O gato é un animal moi intelixente e precisa moita actividade, entón, vivir 15 ou 16 anos que vive un gato encerrado nun piso leva moitos déficits de enriquecemento ambiental", apunta Diego Díaz, veterinario etólogo.

Preguntamos se os gatos poden ser felices encerrados nun piso.

"Están coidados e todo, pero...".

 "Necesitan tamén ver o mundo e non estar sempre pechados nunha casa".

 "Eu creo que un animal nun piso está secuestrado", opina a xente.

A falta de liberdade pode desembocar en problemas de comportamento

 "De repente é un gato que empeza a facer pis no sofá ou a rabuñar onde non debe, ou incluso algunha agresividade que ás veces non ves por un nivel de estrés moi alto", explica o veterinario.

Eses problemas poden solucionarse con paseos. Cando son pequenos, son máis receptivos á socialización.

 "A época de socialización dos gatos vai dos dous aos catro meses, entón é ideal empezar pouco a pouco, baixalo a horas en que non haxa moita xente, para que o gato non se asuste", continúa.

A un adulto cústalle máis. En todo caso, o importante é adaptar a casa con alturas e xoguetes para que sexa máis feliz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade