Feijóo insta a Sánchez a deixar a secretaría do PSOE ante unha situación "sen límite"
Feijóo insta a Sánchez a deixar a secretaría do PSOE ante unha situación "sen límite"
O presidente do PP asegura que nunca se viu en España "unha situación de degradación tan forte" como a das últimas 24 horas
O xuíz que investiga a Begoña Gómez cita a asesora de Moncloa que fixo xestións coa Complutense
O Goberno ve "similitudes sospeitosas" nas denuncias contra David Sánchez e Begoña Gómez
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, considerou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, debe tomar a decisión esta fin de semana, no congreso do seu partido, de "retirarse da secretaría xeral e abrir unha nova etapa en España" porque se trata dunha "situación sen límite".
Segundo manifestou en declaracións aos medios, antes de participar este xoves na Coruña no Congreso da Confederación Española de Directivos e Executivos (CEDE), no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco), nunca se viu en España "unha situación de degradación tan forte" como a das últimas 24 horas.
Núñez Feijóo considera que os asistentes ao Congreso Federal do PSOE que se celebra esta fin de semana van estar moito máis pendentes de "sumarios, dilixencias, citacións e imputacións" que dos propios relatorios.
Feijóo citou, en concreto, as acusacións vertidas por Víctor de Aldama, "a imputación do irmán de presidente do Goberno" e do presidente do PSOE de Estremadura, e tamén a citación a declarar de "unha asesora de Moncloa que traballaba para os negocios da muller do presidente do Goberno", entre outras cuestións.
Segundo explicou, Sánchez debe adoptar unha decisión que "pasa por retirarse" porque, segundo sostivo, "antes tiñamos cada mes unha información sobre sospeitas de corrupción cara ao presidente" e agora hai varias en "24 horas".
Alegría ve "similitudes sospeitosas" entre as denuncias que orixinaron os procedementos
O Goberno ve "similitudes sospeitosas" nas denuncias que orixinaron os procedementos xudiciais contra David Sánchez e Begoña Gómez, irmán e esposa do presidente do Goberno.
Asegurouno este xoves a portavoz do Executivo, Pilar Alegría. Preguntada na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros pola citación xudicial de David Sánchez por presuntos delitos de tráfico de influencias, malversación e prevaricación, Alegría afirmou que este é un asunto que ten "sospeitosas similitudes" con outro, en referencia á denuncia contra Begoña Gómez.
Segundo dixo, os denunciantes "son os mesmos, organizacións da ultradereita", e denuncian a partir de "informacións falsas".
Ademais, a portavoz do Goberno expresou, "en primeiro lugar", o "máximo respecto" por parte do Executivo a "todos" os procedementos xudiciais. E asegurou que o Executivo está centrado "no importante": estar "ao lado da xente, traballando para a xente".