Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan máis de mil punteiros láser ilegais en dous establecementos comerciais da Coruña

Comisan máis de mil punteiros láser ilegais en dous establecementos comerciais da Coruña

Tras solicitar aos establecementos as correspondentes facturas de compra da mercadoría e a súa importación legal, estes "non presentaron en ningún dos casos" a documentación requirida

Comisan máis de mil punteiros láser ilegais (Fonte: Garda Civil) Comisan máis de mil punteiros láser ilegais (Fonte: Garda Civil)
G24.gal 28/11/2024 11:46

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (Pafifs) da Garda Civil da Coruña incautou 1.006 punteiros láser en dous establecementos comerciais, que incumprían os requisitos establecidos pola lexislación comunitaria para que non entrañen un risco para a saúde e a seguridade.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos sucederon cando os efectivos realizaban un servizo propio da especialidade en varios establecementos.

Así, observaron que en dous dos locais inspeccionados había "gran cantidade" de punteiros láser procedentes de terceiros países e que incumprían os requisitos da lexislación comunitaria.

Os axentes constataron que moitos deles tiñan unha potencia superior á máxima legalmente establecida en España, polo que a súa venda está prohibida.

Tras solicitar aos responsables de ambos os establecementos as correspondentes facturas de compra da mercadoría e a súa importación legal, estes "non presentaron en ningún dos casos" a documentación requirida.

A Garda Civil incautou os efectos atopados, 972 nun dos establecementos e 34 no outro, e realizou a correspondentes acta-denuncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar