Piden 24 anos de prisión para un home acusado de abusos sexuais a tres menores
Piden 24 anos de prisión para un home acusado de abusos sexuais a tres menores
Dúas das vítimas son irmás, que tiñan entre 6 e 14 anos, e o presunto agresor é o seu avó
Ata tres menores foron vítimas, supostamente, do home que sentou no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo.
Segundo o escrito da acusación, durante oito anos, entre 2010 e 2018, o imputado abusou sexualmente delas con submisión química, cando tiñan entre seis e 14 anos. Dúas delas son irmás, e ademais son netas do suposto agresor, que daquela residía en Friol e en Lugo.
A Fiscalía acúsao de tres delitos de agresión sexual con acceso carnal a unha menor de 16 anos, un delito continuado de abuso sexual a menor de idade e outro delito máis de abuso sexual a unha menor. En total, as penas suman 24 anos de cadea.
Pola súa parte, o acusado nega os feitos, polo que a defensa pide que sexa absolto.