Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan da aparición dun aniñadoiro de avespas asiáticas no parque de Abella, en Lugo

Alertan da aparición dun aniñadoiro de avespas asiáticas no parque de Abella, en Lugo

Coas altas temperaturas deste outono, permaneceron máis activas

Recoméndase manter a distancia e dar aviso no número de atención á cidadanía, o 012

G24.gal 28/11/2024 14:04

A aparición dun niño de velutina no parque de Abella, ás aforas de Lugo, provocou a preocupación da veciñanza. Coma neste barrio lugués, sucédense por todo o país as alertas pola descuberta destes aniñadoiros cando comezan a quedar á vista coa caída da folla.

Ademais, coas altas temperaturas deste outono, as avespas asiáticas permaneceron máis activas que outros anos.

Carlos Díaz, Asociación Provincial de Apicultores de Lugo: "Tivemos un outono atípico, cunha gran carga de velutina, porque co mal tempo da primavera non puideron criar. Con este outono tan cálido, agora hai unha gran cantidade coa que non contabamos".

Como no barrio lugués de Abella, os niños de velutina foron aparecendo noutras zonas da cidade, mesmo máis preto do centro. Nestes casos, recoméndase manter a distancia e dar aviso no número gratuíto de atención á cidadanía.

Carlos Díaz, Asociación Provincial de Apicultores de Lugo: "O primeiro é afastarse do niño, para que non nos ataque a avespa, chamar ao 012, que é o teléfono asignado para estas tarefas e dar a localización detallada para que as autoridades o retiren".

Ao carón de Abella, no barrio lugués de Rosende, os niños de velutina xa suscitaran a preocupación veciñal en anos anteriores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade