Cargando resultados...
A Xunta destina 1,8 millóns a Seaga para a retirada e destrución de niños de velutina
O prazo de vixencia desta encomenda é desde o día 4 de marzo ata final de ano de 2025

G24.gal
24/03/2025 15:54
A Xunta destina preto de 1,8 millóns de euros ao encargo á empresa pública Seaga para retirada e destrución de niños de avespa velutina durante este ano.
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución da Consellería de Presidencia para esta encomenda no marco do programa de vixilancia e control fronte á avespa asiática.
O prazo de vixencia desta encomenda é desde o día 4 de marzo ata final de ano de 2025 aínda que poderá prorrogarse antes da finalización.
Seaga encárgase na xestión de avisos de presenza de niños de vespa velutina, con base no programa galego de vixilancia, cun financiamento con cargo aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2025.