Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero medicalizado un home picado por unha velutina en Lalín

Evacuado en helicóptero medicalizado un home picado por unha velutina en Lalín

A vítima traballaba nunha corta de madeira no monte do Carrio

G24.gal 28/08/2024 13:42

A vida tranquila e rutineira do lugar do Carrio, no concello de Lalín, tornouse este martes ao mediodía coa chegada dun helicóptero. Era un aparello medicalizado. Aterrou nun predio próximo ao lugar en que unha avéspora asiática lle picou a un home, que traballaba canda outros na corta de madeira.

O temor ante a picada deses insectos levou un deles a chamar o 112 para pedir asistencia médica, polo que o Servizo de Urxencias enviou ao Carrio o helicóptero con base en Ourense. O home foi evacuado ao centro sanitario.

Segundo contou o propio afectado, axiña recibiu a alta hospitalaria e encóntrase en bo estado. De feito, esta mañá volvía estar no traballo de corta na mesma zona onde sufriu a picada da velutina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade