Falece un mergullador que recolleron da auga no Grove
Recolleuno unha embarcación despois de que un garda rural dera a voz de alarma a través dunha chamada ao 112 Galicia

O 112 Galicia confirma o falecemento dun mergullador que andaba á navalla, e que foi recollido da auga no Grove unha embarcación despois de que un garda rural dera a voz de alarma este mediodía tras recibir o aviso dun particular.
Malia os esforzos do equipo médico e dos membros do servizo municipal de Protección Civil do Grove, nada puideron facer por salvar a vida desta persoa, que entrou en parada cardiorrespiratoria. As primeiras hipóteses apuntan a que puido ter algún problema co equipo de inmersión.
O cadáver está sendo conducido ao Porto do Corgo, no Grove.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviaron á zona unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago, que tamén participou nos labores de reanimación sen éxito. No operativo colaboraron os axentes da Policía Local.