Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio provoca graves danos en tres casas en Rubiá, e un bombeiro tivo que ser trasladado ao hospital

Un incendio provoca graves danos en tres casas en Rubiá, e un bombeiro tivo que ser trasladado ao hospital

O bombeiro quedou ferido logo de caerlle enriba unha viga

O lume tivo lugar na Veiga de Cascallá, o pobo de Valdeorras arrasado polo gran incendio do 2022

Interior dunha das casas calcinadas
G24.gal 16/03/2025 10:05 Última actualización 16/03/2025 15:12

Un incendio nunha casa na aldea da Veiga de Cascallá, no concello ourensán de Rubiá, puido acabar nunha traxedia se non chega a ser pola intervención dun veciño que atravesou unha vivenda en lapas para rescatar unha muller que quedara atrapada.

O teléfono de emerxencias recibiu varios avisos do lume nunha casa da Veiga de Cascallá, o primeiro deles cara ás 22:20 horas, con posibilidade de que houbese xente no seu interior.

Inicialmente, os xestores do 112 Galicia avisaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros e o GES de Valdeorras, así como a Garda Civil, que se mobilizaron ata a zona.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias comunicaron que o incendio estaba descontrolado, o que levou o 112 a solicitar tamén a intervención dos Bombeiros de Monforte e de Verín así como do GES de Quiroga. Ademais, acudiu persoal de Medio Rural, que achegou unha motobomba.

 

 

As lapas puideron ser sufocadas despois dun arduo traballo. As casas situadas a carón da que rexistrou o inicio do incendio tamén quedaron afectadas, tanto polo lume como pola auga que se empregou para apagalo. Os veciños din que por fortuna a cousa non foi a máis, pero cren que puido ser unha traxedia. Este domingo estaban especialmente sensibles, pois ainda lembran con medo o gran incendio que sufriron hai tres anos. Un auténtico pesadelo do que algúns ainda non se recuperaron.

Por mor do incendio, un dos bombeiros da dotación de Valdeorras tivo que ser trasladado ao hospital polos seus compañeiros, despois de resultar ferido ao caerlle unha viga.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade