Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campións en ciberseguridade

Campións en ciberseguridade

Cinco rapaces dos Escolapios de Monforte quedan primeiros nunha liga da Garda Civil

G24.gal 15/03/2025 14:20

Un grupo de cinco estudantes dos Escolapios de Monforte de Lemos son os campións españois da Liga de Ciberseguridade organizada pola Garda Civil. Todo un logro para axudar a concenciar sobre os riscos das tecnoloxías, tendo en conta, ademais, que se presentaron máis de 4.000 equipos de nove comunidades autónomas.

A National Cyber League, que é así como se chama, ten tamén o obxectivos da protección dos menores en internet.
Este ano celebrouse a sexta edición e os cinco rapaces subliñan a importancia dunha experiencia que non esquecerán "nunca".

Na aventura estiveron guiados polo seu profesor de tecnoloxía e matemáticas, Javier Saco, quen enfatiza no esencial que é a ética e a responsabilidade na rede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade