Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca a USC como emblema da identidade, o talento e a investigación galega

Rueda destaca a USC como emblema da identidade, o talento e a investigación galega

Nunha xuntanza coa asociación Alumni, de antigos alumnos da universidade compostelá, salientou o interese do Goberno galego pola investigación e a transferencia de coñecemento

G24.gal 05/03/2025 19:50 Última actualización 05/03/2025 20:01


O presidente da Xunta destacou en Madrid o papel da Universidade de Santiago como emblema da identidade, o talento e a aposta pola investigación que se fai en Galicia.

Nunha xuntanza coa asociación Alumni, de antigos alumnos da universidade compostelá, salientou o interese do Goberno galego pola investigación e a transferencia de coñecemento e lembrou que Galicia é pioneira na implantación da matrícula universitaria gratuíta.

Alfonso Rueda dixo que a USC é embaixadora do que significa a marca Galicia Calidade:  "Unha vida universitaria potente constrúe unha Galicia potente, isto temos que coidalo moitísimo. Os que no seu día tomamos a decisión de estudar na USC hoxe podemos dicir con orgullo que vimos dunha universidade que nos marcou".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos