Publicador de contidos

Publicador de contidos

Circula sen puntos, dá positivo en drogas, manipula a matrícula e marcha sen pagar

Circula sen puntos, dá positivo en drogas, manipula a matrícula e marcha sen pagar

A Garda Civil detivo un home e o seu acompañante tras abandonaren unha gasolineira de Bergondo a fume de carozo

G24.gal 15/03/2025 10:32 Última actualización 15/03/2025 11:36

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga un condutor que carecía de permiso de conducir debido á perda total de puntos. Ademais, deu positivo en consumo de cocaína e opiáceos.

O home e o seu acompañante foron detidos tras abandonaren unha estación de servizo en Bergondo sen pagar o combustible. Ademais, as matrículas do coche estaban manipuladas.

Segundo informa a benemérita, unha patrulla divisou un vehículo que arrancaba a fume de carozo dunha gasolineira no municipio de Bergondo, deixando a mangueira de reposición tirada no chan. Entón, decide seguilo e logra detelo poucos metros máis adiante.

Na inspección do turismo, detectan que as placas de matrícula están manipuladas mediante a colocación de adhesivos, supostamente co fin de dificultar a súa identificación.

Estafa, falsificación, positivo en drogas e sen puntos

Tras verificar a súa identidade e documentación, foron detidos como supostos autores dun delito de falsificación de documento público, por alterar a lectura dos caracteres da matrícula, e outro leve de estafa, por non pagar.

Ademais, o condutor foi denunciado por dar positivo en cocaína e opiáceos e está a ser investigado por conducir sen permiso, tras esgotar todo o crédito de puntos do carné.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade