Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manzaneda invita a desfrutar a tódolos apaixonados da neve

Manzaneda invita a desfrutar a tódolos apaixonados da neve

O parte da estación de esquí informa de oito pistas abertas e catro remontes activos

Familias e esquiadores afeccionados achegáronse a este espectacular escenario da montaña ourensá

G24.gal 16/03/2025 14:57

Cos menos cinco graos que se acadaban sobre as sete da mañá deste domingo, a estación de esquí de Manzaneda, en Ourense, abría as súas instalacións cunhas perspectivas favorables para que moitos se achegasen para desfrutar dun día de neve. "Levamos esperando dende decembro, esperando o día perfecto para vir e, a verdade, é que moi ben" comentaba algún dos visitantes.

No parte da propia estación informaban de que estarían oito pistas abertas, catro dos seis remontes activos e dunha temperatura de pouco máis de tres graos. A maioría dos visitantes desta mañá eran familias dispostas a gozar dunha xornada de neve aínda que tamén había algún que outro esquiador.

"Había gañas porque este ano aínda non había neve pola zona e aproveitando que estamos preto hai que vir e desfrutar o día coa familia", apuntaba un dos múltiples afeccionados que se deron cita esta mañá nas instalacións de Manzaneda.

A friaxe do día non impediu desfrutar dun tempo para a diversión e do espectacular escenario de montaña en Galicia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade