Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan no río Segura un cadáver que podería ser o do home arrastrado pola riada en Murcia

Atopan no río Segura un cadáver que podería ser o do home arrastrado pola riada en Murcia

Levaba desaparecido desde o pasado día 8

Imaxe do traslado do cadáver recuperado no río Segura (Edu Botella/Europa Press) Imaxe do traslado do cadáver recuperado no río Segura (Edu Botella/Europa Press)
G24.gal 16/03/2025 15:18

A Policía Nacional recibiu este domingo o aviso do achado dun cadáver no río Segura ao seu paso por Murcia que podería ser o da persoa que foi vista braceando desde a auga turbia polas últimas choivas no leito crecido o pasado sábado 8 de marzo, informan fontes deste corpo, que levaba buscándoa desde entón.

Dúas persoas declararon en días sucesivos vela tamén tras o aviso do primeiro viandante sobre alguén cuxa desaparición ninguén denuncioara, e despregouse un dispositivo con drons policiais xunto a mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, bombeiros e efectivos municipais de Protección Civil.

Pediuse á Confederación Hidrográfica do Segura que regulase o leito para baixar o nivel do caudal e facilitar a procura entre a maraña de canas arrastrada desde augas arriba tras o temporal.

As xornadas de traballo sucedíanse sen resultados entre a Fica, zona onde foi comunicado o achado do cadáver, a pasarela Jorge Manrique, a ponte de Calatrava, o camiño da Azacaya.

Algúns deses tramos foron revisados varias veces polas dificultades que presentaba a procura polo arrastre de lixo, canas e sedimentos.

Agora, as unidades policiais xudicial e científica recolleron o corpo xunto aos bombeiros locais coa axuda dunha das súas embarcacións pneumáticas, tras o que se procederá a tentar identificalo e pescudar as causas da súa morte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade