Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morta na casa en Murcia unha muller de 73 anos con signos de violencia

Atopan morta na casa en Murcia unha muller de 73 anos con signos de violencia

Unha das fillas coas que convivía a muller, viúva, localizou o seu corpo no interior da vivenda sobre un gran charco de sangue

Vivenda onde apareceu o cadáver da muller en Archena, Murcia
G24.gal 08/03/2025 15:07 Última actualización 08/03/2025 15:50

En Murcia localizaron morta na súa casa unha muller de 73 anos con signos aparentes de violencia. Unha das catro fillas da muller viúva, que vivía canda elas, atopou o corpo da súa nai no chan da vivenda en Archena o venres ao mediodía.

A falecida estaba sobre un gran charco de sangue na cociña e os sanitarios que se desprazaron á casa canda a Policía Local e a Garda Civil, só puideron certificar a súa morte. Os investigadores traballan coa hipótese de que se trate dunha morte violenta e agardan as análises forenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade