Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión unha muller por prender lume no portal dun edificio con 'okupas' en Ponteareas

A prisión unha muller por prender lume no portal dun edificio con 'okupas' en Ponteareas

Os investigadores concluíron que a detida accedeu ao interior do portal do edificio e, presuntamente, prendeu lume nunhas cadeiras de brazos da entrada

O xuzgado de Ponteareas decretou o ingreso en prisión/Garda Civil/EFE O xuzgado de Ponteareas decretou o ingreso en prisión/Garda Civil/EFE
G24.gal 12/03/2025 15:01

Un Xulgado de Ponteareas decretou o ingreso en prisión dunha muller investigada por prender lume no portal dun edificio desa localidade pontevedresa no que tres pisos están habitados por ocupantes ilegais.

A Garda Civil informou este mércores da detención da presunta autora do incendio, de 54 anos, que é veciña de Ponteareas e conta con antecedentes policiais.

O equipo de Policía Xudicial de Tui encargouse de investigar o incendio que se produciu o 7 de marzo nun inmoble habitado en tres dos seus pisos por varios ocupantes.

Os investigadores concluíron que a detida accedeu ao interior do portal do edificio e presuntamente prendeu lume nunhas cadeiras de brazos da entrada, cumprindo así unha ameaza que realizara en varias ocasións aos ocupantes ao non estar de acordo con que habitasen o inmoble.

A detida, xunto coas dilixencias, foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Ponteareas, que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade