A escaseza de lamprea nos ríos galegos converte esta especie nun prato de luxo
O censo deste peixe no Ulla e no Miño descendeu máis da metade en cinco anos
A clientela pode pagar nun restaurante ata 180 euros por unha lamprea á bordalesa

Despois de 500 millóns de anos na terra a lamprea corre perigo de desaparecer. Tanto no río Ulla coma no Miño nos últimos cinco anos o seu censo reduciuse a máis da metade e tamén as súas capturas. Por iso o prezo chega a máximos históricos.
Das 37.3000 lampreas capturadas no Miño en 2005, os anos da bonanza, chegamos ás 6.400 capturas contabilizadas en 2023. Achegámonos a Casa Calviño, nas Neves, que prepara a lamprea desde hai noventa anos.
Laureano, que representa a terceira xeración do negocio, confírmanos a tendencia escandalosamente á baixa nas capturas desta especie.

Restaurantes coma este, considerado un templo da lamprea, traballa con pescadores concretos que lle subministran arestora unhas cincuenta lampreas á semana.
Son exemplares duns cinco anos que levan días neste viveiro endurecendo as súas carnes. Este domingo servirán máis de quince lampreas por encarga a 160 euros. Unha lamprea dá para tres.
Os meses de marzo e abril os restaurantes especializados en lamprea estaban cheos a fin de semana, e con reserva. Este ano non. En 2024 os prezos da lamprea, parecidos aos deste 2025, baixaron por San Xosé, polo 19 de marzo. Veremos.
