Publicador de contidos
Publicador de contidos

Internet e os compradores novos impulsan as tendas de antigüidades

Internet e os compradores novos impulsan as tendas de antigüidades

Sarria é o gran referente deste tipo de establecementos en Galicia

Trátase dun mercado moi estable e cunha clientela moi diversa

Andrés Pavón/Afonso G. Novoa 26/11/2024 18:59 Última actualización 26/11/2024 19:24

Dende armarios de 30.000 euros a dedais de só 1 euro ata recordos do Xacobeo 93, pasando por pezas do século XVII. O que se pode atopar nas tendas de antigüidades é case infinito. Estes establecementos viven unha época de bonanza por varios motivos. A demanda de xente nova, o auxe das reformas nas casas e ultimamente o alugueiro de pezas por parte de produtoras para utilizar en películas e series.

"Moitas produtoras xa falan entre elas e veñen alugar aquí as pezas", di Carmen López, anticuaria.

"A xente nova vén con cada vez máis frecuencia. É un público que sorprende nos últimos anos", sinala Lola Ribeira, tamén anticuaria.

Ademais, o das antigüidades é un mercado estable. Nin se afunde coas crises nin se dispara cando a economía vai ben. De feito, as vendas son case as mesmas ao longo de todo o ano grazas en parte tamén a Internet.

Por outra banda, non hai ningunha mercadoría que se venda máis ca outra. Os coleccionistas van a tiro fixo e o resto de clientes mercan o que máis os sorprende.

"Eu, por exemplo, vendo moitos mobles por Internet. É sorprendente, pero é así", segue Ribeira.

"Hai quen vén por pezas concretas. Un caso claro é o dos coleccionistas de gasosas, que veñen cada pouco", indica López.

Iso si, logo de oitenta anos de actividade ininterrompida, Sarria é o indiscutible referente das antigüidades en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar