Rescatan o corpo sen vida dun home no río en Monforte
Rescatan o corpo sen vida dun home no río en Monforte
Polo momento non trascenderon máis detalles sobre este suceso, que está a ser investigado polas forzas de seguridade
Efectivos dos servizos de emerxencias rescataron na tarde deste martes o corpo sen vida dun home que foi achado nun río na localidade lucense de Monforte de Lemos.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), uns particulares avisaron de que viran o corpo dunha persoa flotando en augas dun río á altura da rúa Arousa. O aviso produciuse ás 14:30 horas.
🔴 #AXEGAInforma do rescate do corpo sen vida dun home no río en Monforte de Lemos.
— 112 Galicia (@112Galicia) November 26, 2024
📍 Rúa Arousa.
➡️ Os Bombeiros de Monforte encargáronse das tarefas de recuperación, mentres que as forzas da orde traballan para aclarar o acontecido. pic.twitter.com/Vvti6nnz3C
De inmediato a central de coordinación de Emerxencias do 112 mobilizou aos bombeiros de Monforte de Lemos, ao servizo de urxencias sanitarias de Galicia e á Garda Civil.
Pasadas as cinco da tarde os bombeiros de Monforte confirmaban que o corpo sen vida xa fora rescatado do río.
Fontes consultadas por Europa Press indicaron que se trata dun coñecido veciño da localidade duns 60 anos, que recibía apoio da asociación Prodeme. Así mesmo, indicaron que o lugar onde foi achado o cadáver era un regato de escasa profundidade.
A Garda Civil investiga agora as causas deste suceso.