Publicador de contidos
Publicador de contidos

Motor Show, unha cita ineludible para afeccionados e pilotos de sobreviraxe

Motor Show, unha cita ineludible para afeccionados e pilotos de sobreviraxe

Este domingo houbo unha exhibición especial do piloto de rallys Manolo Senra

Outros pilotos tamén amosaron as súas habilidades e control nas derrapaxes

Tamén houbo exposicións de coches clásicos e de competición

G24.gal 08/12/2024 21:14 Última actualización 08/12/2024 22:02

Segundo a organización do Motor Show, máis de 600 vehículos clásicos e de competición estiveron expostos no recinto feiral de Silleda e por este evento pasaron durante toda esta ponte unhas 6.000 persoas.

"Cada ano está vindo máis xente, tivemos expositores de Madrid, de Toledo, de Asturias. Cada particular prepara o seu coche á súa maneira, fanlle modificacións, teñen que pasar unha serie de inspeccións", di Sindo Alonso, organizador do Motor Show Galicia.

Os afeccionados ao motor contaron ademais con exhibicións e adestramentos de drift con diferentes pilotos galegos e do norte de Portugal.

Este domingo houbo unha exhibición especial do piloto de rallys Manolo Senra. Outros pilotos tamén amosaron as súas habilidades e control nas derrapaxes. Pretenden que o público goce do espectáculo.

"É unha disciplina moi atractiva porque se trata co control da derrapaxe, onde levar o coche no maior ángulo posible", destaca Ángel Silva, piloto de sobreviraxe.

Os pilotos aseguran que a afección polos coches, a velocidade e a adrenalina que iso lles xera os levou a prepararse nesta disciplina de condución.

"Probeino unha vez cun amigo e dixen quero comprar un destes. O que tes que intentar é que a roda de atrás vaia sempre escorregando, tanto acelerando como freando, e darlle gas", aseverou Miguel Vaqueiro, tamén piloto de sobreviraxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar