Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes

O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes

Os Reis entregan os galardóns do mundo da cultura nun acto en Sevilla

G24.gal 27/11/2024 14:52

Os reis entregaron este mediodía en Sevilla as medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Galicia estivo representada polo escritor e creador de contidos Miguel Ángel López, o Hematrocrítico, que recibiu o galardón a título póstumo e que recolleu emocionada a súa parella a escritora, Ledicia Costas. Tamén foi galardoado o actor Luís Zahera. O Rei agradeceu o labor de todos os premiados.

"Son un premio ao voso traballo e un testemuño da sociedade madura, inqueda e tolerante que sabe valoralo. Permitídeme que, xunto coa nosa profunda admiración, a raíña e mais eu vos fagamos chegar o agradecemento de todos os españois por todo o que nos dades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar