Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco persoas atendidas por inhalación de fume tras o incendio dun piso en Porto do Son

Cinco persoas atendidas por inhalación de fume tras o incendio dun piso en Porto do Son

Un home de 56 anos tivo que ser trasladado ao hospital do Barbanza

Os dous gatos da familia morreron no incendio

G24.gal 21/12/2024 19:19

Aparatoso incendio está mañá en Porto do Son.  O lume calcinou un piso do centro da vila. Cinco persoas resultaron afectadas por inhalación de fume e morreron dous gatos. Os veciños dos pisos superiores tiveron que permanecer confinados ata que foron rescatados.

Un home de 56 anos tivo que ser trasladado ao hospital do Barbanza. O resto dos afectados foron atendidos polo 061 e posteriormente déronos de alta.

O lume declarouse contra as dez da mañá nun dos edificios da fachada marítima. As lapas arrasaron por completo o salón e propagáronse a unha habitación contígua; o fume a fectou a toda  pola totalidade da vivenda.

A Garda Civil e a Policía xudicial investigan as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade