Cargando resultados...
Dous petroleiros rusos sofren un accidente no Mar Negro e provocan unha vertedura de fuel
Dous petroleiros rusos sofren un accidente no Mar Negro e provocan unha vertedura de fuel
Hai polo menos un mariñeiro falecido.
De momento, descoñécese o alcance do combustible vertido no mar.
G24.gal
15/12/2024 21:39
Dous petroleiros rusos naufragaron fronte ás costas de Crimea. Un dos barcos afundiuse tras partir pola metade e o outro quedou á deriva no medio dunha grave tormenta. Foi no estreito de Kerch.
Hai polo menos un mariñeiro falecido. De momento, descoñécese o alcance do combustible vertido no mar.
Ambos os barcos, construídos hai máis de medio século, transportaban en total máis de oito mil toneladas de cru.
O estreito de Kerch separa Rusia da península de Crimea, que pertenceu a Ucraína ata a súa ocupación polas tropas do Kremlin.