Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas galegas emprenden o camiño da Axenda 2030 para unha construción sustentable

Empresas galegas emprenden o camiño da Axenda 2030 para unha construción sustentable

O sector supón o 5 % do PIB e é un dos que máis se reformulou dende a crise

G24.gal 10/12/2024 14:47

Pensar coma os paxaros que para os seus niños usan o que sobra. Iso é o que propón a empresa BirdMind, que comeza a súa andaina nunha nave de Pontevedra, xa que usan a casca de arroz, que traen do delta do Ebro e de Portugal, en grandes pacas, para que, con tecnoloxía propia, a transformen en aglomerado sustentable. 

"Libre de formaldehido, con pegada hídrica cero e sen deforestación", dixo David Camba, Director xeral de Birdmind.

Propoñen unha gama completa de acabados e estampacións que permiten o uso directo en decoración e escaparatismo, sendo ademais 100% reciclables. Un dos obxectivos da Axenda 2030 e que os materiais sexan naturais e tan resistentes coma o ciclo de vida do edificio.

O Clúster da Lousa acaba de outorgar un premio á sustentabilidadade a esta adega de Entoma, que, combinando coa madeira, demostra a versatilidade do uso da lousa nas fachas.

"A muralla de Lugo esta feita na súa maioría con lousa e aí está. A lousa caracterízase pola súa perdurabilidade", dixo Severino González, presidente do Clúster da Lousa de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade