Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous mortos nun hotel de Medinaceli por unha posible intoxicación de gas

Dous mortos nun hotel de Medinaceli por unha posible intoxicación de gas

Os falecidos, de 47 e 51 anos, residían en Barcelona 

G24.gal 07/12/2024 19:48

En Medinaceli, Soria, atopan mortos un home e unha muller na habitación dun hotel. A Garda Civil investiga as causas do falecemento pero todo indica que un escape de gas parece estar detrás deste suceso. Os falecidos, de 47 e 51 anos, residían en Barcelona. 

Segundo fontes da Subdelegación do Goberno, na mañá deste sábado recibiuse unha chamada do 1-1-2 á Garda Civil na que se informaba de que había dúas persoas inconscientes na habitación do establecemento, na que se percibía un forte cheiro a gas.

Tras a alerta, desprazáronse ata o lugar do suceso axentes da Garda Civil de Soria, Bombeiros da Deputación de Soria e unha ambulancia de soporte vital básico con persoal sanitario de Atención Primaria do centro de saúde de Arcos de Jalón.

A Garda Civil de Soria realiza as dilixencias pertinentes para aclarar o sucedido; de momento non se descartan ningunha hipótese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade