Ferida de gravidade unha muller en Vilalba tras ser agredida pola súa parella cun martelo e unha pa
Ferida de gravidade unha muller en Vilalba tras ser agredida pola súa parella cun martelo e unha pa
A Garda Civil detivo o agresor, un home de 84 anos
Foi a filla da parella a que atopou a muller ensanguentada e semiinconsciente
A vítima foi trasladada ao HULA, non se teme pola súa vida
Unha muller está ferida de gravidade no hospital Lucus Augusti de Lugo tras ser agredida cun martelo e unha pa, presuntamente, polo súa parella.
A Garda Civil xa detivo o presunto agresor, un home de 84 anos. A vítima é unha muller que ten 78 anos. Foi a filla de ambos a que atopou a muller rodeada de sangue e deu a voz de alarma. A muller foi trasladada ao HULA e non se teme pola súa vida.
Os feitos ocorreron contra as dúas da mañá nunha parroquia do concello de Vilalalba. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, que procedeu á detención do agresor, quen esta mañá de domingo se encontraba no Xulgado de Garda de Vilalba prestando declaración.